Mostrando entradas con la etiqueta Personaxes de cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Personaxes de cómic. Mostrar todas las entradas

1/7/14

LIM BANDA DESEÑADA

Como remate ao noso proxecto "ENTRE VIÑETAS" centrado no mundo do cómic, aquí tendes unhas actividades para repasar o aprendido:


8/3/14

CONCURSO DE CÓMIC


Co gallo do noso proxecto "ENTRE VIÑETAS", a ANPA do noso cole  ven de convocar un concurso de banda deseñada, coa colaboración de Luis Davila e Marc Taeger,  coas seguintes bases:

1. Poderá participar todo o alumnado do Ceip A Pedra presentando os seus traballos en tres categorías:

  • 1º CICLO (1º e 2º de Primaria) o alumnado deberá crear un personaxe de cómic novo, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial.
  • 2º CICLO (3º e 4º de Primaria) O alumnado deberá crear e debuxar un personaxe de cómic novo e o seu acompañante, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que os fan especiais situándoos nun escenario determinado. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
  • 3º CICLO (5º e 6º de Primaria) O alumando deberá crear un personaxe de cómic novo (con ou sen acompañante) e debuxar un cómic de tres viñetas como mínimo. Ademais deberá describir a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
2. Os traballos poderán presentarse nun formato libre, podendo facer os personaxes de cómic nun folio, nunha folla DIN-A3 ou noutro formato diferente.

3. En cada traballo deberá indicarse o nome e o curso académico do alumno/alumna.

4. A data de presentación dos traballos comezará o 7 de marzo a partir da charla impartida por Luis Davila e Marc Taeger no Ceip Plurilingüe A Pedra e dirixida aos tres ciclos de primaria na que tratarán as bases do cómic.

5. Os traballos deberanse presentar antes do 25 de abril.

6. O xurado estará formado pola Directora do Ceip A Pedra, un/unha responsable da biblioteca do centro educativo, o Presidente da Anpa, Marc Taeger e Luis Davila.

7. Daranse tres premios por categoría.

As bases e o resumo da charla impartida por Marc Taeger e Luis Davila estarán colgadas no blegue da Anpa para poder consultar:

Facilítase tamén o email para solucionar posibles preguntas que poidan xurdir: 
anpaapedra@hotmail.com

7/3/14

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

Esta mañán tivemos a grandísima sorte de recibir a visita no noso cole de dous  grandes da ilustración Luis Davila e Marc Taeger. 


Viñeron contarnos moitas cousas sobre os personaxes de cómic e propoñernos un  CONCURSO DE CÓMICS  ao que todos e todas nos apuntamos inmediatamente.


Falaronnos de varios personaxes de cómic e das súas características principais. 
Así soubemos que os primeiros cómics empezaron a publicarse nos xornais. The yellow Kid (o neno amarelo) foi o primeiro personaxe da serie Hogan´s Alley que empregou os globos aínda que todo o que falaba este personaxe viña escrito na súa camisola.




Tamén nos falaron de personaxes que non coñecíamos como:
  • O pequeno Nemo que empezaba todas as súa viñetas cando ía para a  cama, despois soñaba e remataba sempre caíndo dela.


  •  Crazy Cat (O gato tolo) un gato namorado dun rato que lle tiraba ladrillos.

  • Ant Man (O home formiga) que tivo un accidente cos seus experimentos e converteuse en formiga.

  • Olaf o vikingo que sempre está pelexando e moi enfadado por todo.

  • Calvin e Hobbes, un rapaz que ten un tigre de peluche pero que pensa que está vivo e fan trasnadas os dous.

  • Carpanta un personaxe español creado por Escobar que se caracteriza por ter sempre moita fame.

  • As Irmáns Gilda que nunca se puñan de acordo porque eran diferentes en todo.

  • Anacleto agente secreto que é un axente espía.
Tamén nos falaron doutros personaxes xa máis coñecidos para todos como: Popeye e Olivia, Os superheroes: Superman, Spiderman, Batman, Wonder woman (a muller marabilla)...
Snoopy, Mafalda, Astroboy, el Jabato, Superlópez, Tintín, Astérix e Obelix, Lucky Luke ...

Esta é a presentación que nos amosaron onde tendes estas e outras imaxes:


2/3/14

UN ENTROIDO DE CÓMIC

Seguindo co noso proxecto "Entre viñetas" todo o alumnado e o profesorado do cole saímos á rúa para celebrar o entroido.
Este é o tríptico informativo onde se explica todo sobre as actividades e o itinerario a seguir o venres 28 de febreiro.


Coma sempre presidindo o pasarúas estaba a nosa querida mascota Papirus:


Neste video podedes ver todos os traxes que luciron os nosos rapaces e rapazas: 

19/2/14

ZIPI E ZAPE

O alumnado de segundo de primaria anda moi atarefado a preparar o entroido. Este ano vanse transformar nos xemelgos de cómic: ZIPI E ZAPE. 


Para coñecelos un pouco mellor prepararon unhas pequenas descricións e uns debuxos moi chulos.

"Zipi é un personaxe de cómic. Ten o pelo loiro, vístese cun chaleco de cor vermella e con raias amarelas. É un neno alegre, traballador, gústalle xogar ao fútbol e o seu equipo favorito é o Real Madrid. Zipi ten un irmán xemelgo. Sempre queren facer boas cousas pero sempre lle saen mal"
                               
 Iago Álvarez Cabodevila.  2º A



"Zape é un personaxe de cómic. O seu pelo é moreno. A súa cara é redonda, os seus ollos son grandes e o nariz chato. Leva un chaleco vermello e unha camisa branca, o pantalón é de cor negra, os zapatos marróns e ten unha gravata azul. É traste, gústalle xogar ao fútbol, é afeccionado do Barça e saca malas notas. Ten un irmán xemelgo chamado Zipi"
                                  
Natalia Santos Sampedro.  2º B


8/2/14

ENTROIDO DE CÓMIC

Xa empezaron os preparativos para celebrar o ENTROIDO 2014. Todos os cursos escolleron os seus traxes e para poñerse en situación investigan e coñecen un pouco máis, aos personaxes dos que se van disfrazar.
Os trasnos están inmersos nunha fermosa aventura: viaxando pola idade de pedra están constuíndo a casa dos Picapedra. Preme na imaxe e non perdas detalle...



17/1/14

ASTERIX E OBELIX

Se queres sabelo todo sobre os personaxes preferidos de moitos rapaces e rapazas: a colección, os personaxes, os creadores, as últimas novidades... visita a WEB oficial de ASTERIX premendo na imaxe.


O MUNDO DE MAFALDA

Esta web acércanos ao personaxe de Mafalda e os seus amigos. 
Mafalda aparece por primeira vez no mes de setembro do ano 1964. É unha nena que se preocupa de maneira excesiva por todo o que acontece no mundo, escoitando as malas novas da radio e da televisión.
CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER Á WEB

O autor deste personaxe e dos seus amiguiños é QUINO (Joaquín Salvador Lavado) nado na Arxentina pero de pais españois. 

Para coñecer a fondo a Mafalda, aos seus pais, a Quino e aos seus amigos: Felipe, Manolito, Susanita, Miguelito, Libertad e Guille, preme na imaxe "El mundo de Mafalda".