Esta mañán tivemos a grandísima sorte de recibir a visita no noso cole de dous grandes da ilustración Luis Davila e Marc Taeger.
Viñeron contarnos moitas cousas sobre os personaxes de cómic e propoñernos un CONCURSO DE CÓMICS ao que todos e todas nos apuntamos inmediatamente.
Así soubemos que os primeiros cómics empezaron a publicarse nos xornais. The yellow Kid (o neno amarelo) foi o primeiro personaxe da serie Hogan´s Alley que empregou os globos aínda que todo o que falaba este personaxe viña escrito na súa camisola.
Tamén nos falaron de personaxes que non coñecíamos como:
- O pequeno Nemo que empezaba todas as súa viñetas cando ía para a cama, despois soñaba e remataba sempre caíndo dela.
- Crazy Cat (O gato tolo) un gato namorado dun rato que lle tiraba ladrillos.
- Ant Man (O home formiga) que tivo un accidente cos seus experimentos e converteuse en formiga.
- Olaf o vikingo que sempre está pelexando e moi enfadado por todo.
- Calvin e Hobbes, un rapaz que ten un tigre de peluche pero que pensa que está vivo e fan trasnadas os dous.
- Carpanta un personaxe español creado por Escobar que se caracteriza por ter sempre moita fame.
- As Irmáns Gilda que nunca se puñan de acordo porque eran diferentes en todo.
- Anacleto agente secreto que é un axente espía.
Tamén nos falaron doutros personaxes xa máis coñecidos para todos como: Popeye e Olivia, Os superheroes: Superman, Spiderman, Batman, Wonder woman (a muller marabilla)...
Snoopy, Mafalda, Astroboy, el Jabato, Superlópez, Tintín, Astérix e Obelix, Lucky Luke ...
Esta é a presentación que nos amosaron onde tendes estas e outras imaxes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario