Mostrando entradas con la etiqueta Pais e nais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pais e nais. Mostrar todas las entradas

8/3/14

CONCURSO DE CÓMIC


Co gallo do noso proxecto "ENTRE VIÑETAS", a ANPA do noso cole  ven de convocar un concurso de banda deseñada, coa colaboración de Luis Davila e Marc Taeger,  coas seguintes bases:

1. Poderá participar todo o alumnado do Ceip A Pedra presentando os seus traballos en tres categorías:

  • 1º CICLO (1º e 2º de Primaria) o alumnado deberá crear un personaxe de cómic novo, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial.
  • 2º CICLO (3º e 4º de Primaria) O alumnado deberá crear e debuxar un personaxe de cómic novo e o seu acompañante, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que os fan especiais situándoos nun escenario determinado. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
  • 3º CICLO (5º e 6º de Primaria) O alumando deberá crear un personaxe de cómic novo (con ou sen acompañante) e debuxar un cómic de tres viñetas como mínimo. Ademais deberá describir a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
2. Os traballos poderán presentarse nun formato libre, podendo facer os personaxes de cómic nun folio, nunha folla DIN-A3 ou noutro formato diferente.

3. En cada traballo deberá indicarse o nome e o curso académico do alumno/alumna.

4. A data de presentación dos traballos comezará o 7 de marzo a partir da charla impartida por Luis Davila e Marc Taeger no Ceip Plurilingüe A Pedra e dirixida aos tres ciclos de primaria na que tratarán as bases do cómic.

5. Os traballos deberanse presentar antes do 25 de abril.

6. O xurado estará formado pola Directora do Ceip A Pedra, un/unha responsable da biblioteca do centro educativo, o Presidente da Anpa, Marc Taeger e Luis Davila.

7. Daranse tres premios por categoría.

As bases e o resumo da charla impartida por Marc Taeger e Luis Davila estarán colgadas no blegue da Anpa para poder consultar:

Facilítase tamén o email para solucionar posibles preguntas que poidan xurdir: 
anpaapedra@hotmail.com

6/12/13

VIDA DE NAI

Gemma Sesar (conta a historia)
Ramón Marcos (debuxa)
Jorge Castelli (colorea)
Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequenos, sen axuda para atendelos e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise. A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos