1/7/14

LIM BANDA DESEÑADA

Como remate ao noso proxecto "ENTRE VIÑETAS" centrado no mundo do cómic, aquí tendes unhas actividades para repasar o aprendido:


GUÍA DE CÓMIC

Co gallo do noso proxecto  "Entre viñetas" publicamos esta Guía de lecturas sobre o cómic con títulos para todas as idades e gustos. Mira ben e seguro que aínda che queda algún por ler!!!

27/3/14

CÓMIC E TEATRO

Co gallo da celebración  do DÍA DO TEATRO (27 de marzo) deseñamos unha actividade relacionando o mundo do cómic e o mundo do teatro.

PARENTESCO   ENTRE O CÓMIC E O TEATRO


O teatro, que a fin de contas non é outra cousa que literatura para ser representada, coincide co cómic na gran importancia que teñen as expresións faciais e corporais , para dar sentido á mensaxe que se transmite.

A cara ten unha gama variadísima e moi importante de rasgos expresivos que, no cómic, se manifestan máis canto máis preto enfocamos ao personaxe na viñeta.
Por medio da cara  establécese a complicidade co lector.

Will Eisner, un prestixioso historietista estadounidense  foi o creador do personaxe de cómic The Spirit en 1941, e popularizou o concepto de novela gráfica. Nas páxinas do seu segundo libro de teoría sobre o cómic “La Narración Gráfica”, explica que os rasgos físicos e expresivos do personaxe deben permitir a súa identificación inmediata por parte do lector, para que éste poida asimilar rápidamente a mensaxe.


The Spirit é una serie de historietas, que se publicaba inicialmente como suplemento nos diarios en Estados Unidos.
Pertence ao xénero negro e policíaco, e mestura o humor coas historias de terror.

Ademais, como vemos na ilustración do propio Will Eisner, a expresión facial pode variar  o significado do que din os personaxes: a mesma frase non quere dicir sempre o mesmo.
Xusto é recoñecer que esta característica que explica Eisner tomóuna o cómic do teatro.
Cada personaxe debe ter rostro propio correspondente ao tipo humano que represente.






 E agora toca practicar o aprendido preme AQUÍ  e descarga o DOCUMENTO.



8/3/14

CONCURSO DE CÓMIC


Co gallo do noso proxecto "ENTRE VIÑETAS", a ANPA do noso cole  ven de convocar un concurso de banda deseñada, coa colaboración de Luis Davila e Marc Taeger,  coas seguintes bases:

1. Poderá participar todo o alumnado do Ceip A Pedra presentando os seus traballos en tres categorías:

  • 1º CICLO (1º e 2º de Primaria) o alumnado deberá crear un personaxe de cómic novo, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial.
  • 2º CICLO (3º e 4º de Primaria) O alumnado deberá crear e debuxar un personaxe de cómic novo e o seu acompañante, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que os fan especiais situándoos nun escenario determinado. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
  • 3º CICLO (5º e 6º de Primaria) O alumando deberá crear un personaxe de cómic novo (con ou sen acompañante) e debuxar un cómic de tres viñetas como mínimo. Ademais deberá describir a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
2. Os traballos poderán presentarse nun formato libre, podendo facer os personaxes de cómic nun folio, nunha folla DIN-A3 ou noutro formato diferente.

3. En cada traballo deberá indicarse o nome e o curso académico do alumno/alumna.

4. A data de presentación dos traballos comezará o 7 de marzo a partir da charla impartida por Luis Davila e Marc Taeger no Ceip Plurilingüe A Pedra e dirixida aos tres ciclos de primaria na que tratarán as bases do cómic.

5. Os traballos deberanse presentar antes do 25 de abril.

6. O xurado estará formado pola Directora do Ceip A Pedra, un/unha responsable da biblioteca do centro educativo, o Presidente da Anpa, Marc Taeger e Luis Davila.

7. Daranse tres premios por categoría.

As bases e o resumo da charla impartida por Marc Taeger e Luis Davila estarán colgadas no blegue da Anpa para poder consultar:

Facilítase tamén o email para solucionar posibles preguntas que poidan xurdir: 
anpaapedra@hotmail.com

7/3/14

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

Esta mañán tivemos a grandísima sorte de recibir a visita no noso cole de dous  grandes da ilustración Luis Davila e Marc Taeger. 


Viñeron contarnos moitas cousas sobre os personaxes de cómic e propoñernos un  CONCURSO DE CÓMICS  ao que todos e todas nos apuntamos inmediatamente.


Falaronnos de varios personaxes de cómic e das súas características principais. 
Así soubemos que os primeiros cómics empezaron a publicarse nos xornais. The yellow Kid (o neno amarelo) foi o primeiro personaxe da serie Hogan´s Alley que empregou os globos aínda que todo o que falaba este personaxe viña escrito na súa camisola.




Tamén nos falaron de personaxes que non coñecíamos como:
  • O pequeno Nemo que empezaba todas as súa viñetas cando ía para a  cama, despois soñaba e remataba sempre caíndo dela.


  •  Crazy Cat (O gato tolo) un gato namorado dun rato que lle tiraba ladrillos.

  • Ant Man (O home formiga) que tivo un accidente cos seus experimentos e converteuse en formiga.

  • Olaf o vikingo que sempre está pelexando e moi enfadado por todo.

  • Calvin e Hobbes, un rapaz que ten un tigre de peluche pero que pensa que está vivo e fan trasnadas os dous.

  • Carpanta un personaxe español creado por Escobar que se caracteriza por ter sempre moita fame.

  • As Irmáns Gilda que nunca se puñan de acordo porque eran diferentes en todo.

  • Anacleto agente secreto que é un axente espía.
Tamén nos falaron doutros personaxes xa máis coñecidos para todos como: Popeye e Olivia, Os superheroes: Superman, Spiderman, Batman, Wonder woman (a muller marabilla)...
Snoopy, Mafalda, Astroboy, el Jabato, Superlópez, Tintín, Astérix e Obelix, Lucky Luke ...

Esta é a presentación que nos amosaron onde tendes estas e outras imaxes:


2/3/14

UN ENTROIDO DE CÓMIC

Seguindo co noso proxecto "Entre viñetas" todo o alumnado e o profesorado do cole saímos á rúa para celebrar o entroido.
Este é o tríptico informativo onde se explica todo sobre as actividades e o itinerario a seguir o venres 28 de febreiro.


Coma sempre presidindo o pasarúas estaba a nosa querida mascota Papirus:


Neste video podedes ver todos os traxes que luciron os nosos rapaces e rapazas: