Co gallo da celebración do DÍA DO TEATRO (27 de marzo) deseñamos unha actividade relacionando o mundo do cómic e o mundo do teatro.
PARENTESCO ENTRE O CÓMIC E O TEATRO
O teatro, que a fin de contas non é outra cousa que literatura para ser representada, coincide co cómic na gran importancia que teñen as expresións faciais e corporais , para dar sentido á mensaxe que se transmite.
A cara ten unha gama variadísima e moi importante de rasgos expresivos que, no cómic, se manifestan máis canto máis preto enfocamos ao personaxe na viñeta.
Por medio da cara establécese a complicidade co lector.
Will Eisner, un prestixioso historietista estadounidense foi o creador do personaxe de cómic The Spirit en 1941, e popularizou o concepto de novela gráfica. Nas páxinas do seu segundo libro de teoría sobre o cómic “La Narración Gráfica”, explica que os rasgos físicos e expresivos do personaxe deben permitir a súa identificación inmediata por parte do lector, para que éste poida asimilar rápidamente a mensaxe.
The Spirit é una serie de historietas, que se publicaba inicialmente como suplemento nos diarios en Estados Unidos.
Pertence ao xénero negro e policíaco, e mestura o humor coas historias de terror.
Ademais, como vemos na ilustración do propio Will Eisner, a expresión facial pode variar o significado do que din os personaxes: a mesma frase non quere dicir sempre o mesmo.
Xusto é recoñecer que esta característica que explica Eisner tomóuna o cómic do teatro.
Cada personaxe debe ter rostro propio correspondente ao tipo humano que represente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario