Co gallo do noso proxecto "ENTRE VIÑETAS", a ANPA do noso cole ven de convocar un concurso de banda deseñada, coa colaboración de Luis Davila e Marc Taeger, coas seguintes bases:
1. Poderá participar todo o alumnado do Ceip A Pedra presentando os seus traballos en tres categorías:
- 1º CICLO (1º e 2º de Primaria) o alumnado deberá crear un personaxe de cómic novo, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial.
- 2º CICLO (3º e 4º de Primaria) O alumnado deberá crear e debuxar un personaxe de cómic novo e o seu acompañante, describindo brevemente a súa personalidade, rasgos e características que os fan especiais situándoos nun escenario determinado. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
- 3º CICLO (5º e 6º de Primaria) O alumando deberá crear un personaxe de cómic novo (con ou sen acompañante) e debuxar un cómic de tres viñetas como mínimo. Ademais deberá describir a súa personalidade, rasgos e características que o fan especial. (Personaxe secundario refírese a aquel personaxe que normalmente acompaña e axuda ao protagonista)
2. Os traballos poderán presentarse nun formato libre, podendo facer os personaxes de cómic nun folio, nunha folla DIN-A3 ou noutro formato diferente.
3. En cada traballo deberá indicarse o nome e o curso académico do alumno/alumna.
4. A data de presentación dos traballos comezará o 7 de marzo a partir da charla impartida por Luis Davila e Marc Taeger no Ceip Plurilingüe A Pedra e dirixida aos tres ciclos de primaria na que tratarán as bases do cómic.
5. Os traballos deberanse presentar antes do 25 de abril.
6. O xurado estará formado pola Directora do Ceip A Pedra, un/unha responsable da biblioteca do centro educativo, o Presidente da Anpa, Marc Taeger e Luis Davila.
7. Daranse tres premios por categoría.
As bases e o resumo da charla impartida por Marc Taeger e Luis Davila estarán colgadas no blegue da Anpa para poder consultar:
Facilítase tamén o email para solucionar posibles preguntas que poidan xurdir:
anpaapedra@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario