O alumnado de segundo de primaria anda moi atarefado a preparar o entroido. Este ano vanse transformar nos xemelgos de cómic: ZIPI E ZAPE.
Para coñecelos un pouco mellor prepararon unhas pequenas descricións e uns debuxos moi chulos.
"Zipi é un personaxe de cómic.
Ten o pelo loiro, vístese cun chaleco de cor vermella e con raias amarelas. É
un neno alegre, traballador, gústalle xogar ao fútbol e o seu equipo favorito é
o Real Madrid. Zipi ten un irmán xemelgo. Sempre queren facer boas cousas pero
sempre lle saen mal"
Iago Álvarez Cabodevila. 2º A
"Zape é un personaxe de cómic.
O seu pelo é moreno. A súa cara é redonda, os seus ollos son grandes e o nariz
chato. Leva un chaleco vermello e unha camisa branca, o pantalón é de cor
negra, os zapatos marróns e ten unha gravata azul. É traste, gústalle xogar ao
fútbol, é afeccionado do Barça e saca malas notas. Ten un irmán xemelgo chamado
Zipi"
Natalia Santos Sampedro. 2º B
No hay comentarios:
Publicar un comentario