Actividades LIM sobre a Banda Deseñada para os máis pequenos. Chéganos dende O Outeiro das Penas en Cesantes (Redondela). Premede na imaxe para acceder a el.
30/11/13
18/11/13
CARTAS DE INVERNO. NOVELA GRÁFICA
PREME NA IMAXE |
Recentemente publicouse unha versión en novela gráfica, do libro "CARTAS DE INVERNO" do escritor galego Agustín Fernández Paz.
Esta nova versión en banda deseñada corre a cargo de Antonio Seijas, que recolle os personaxes e ambientes creados polo autor na súa novela de terror.
«Toas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno». Agustín Fernández Paz
MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA 2. OS PIRATAS DA LÚA
PREME NA IMAXE |
Segunda entrega desta saga do autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Áxil, divertida e emocionante, esta serie narra as aventuras dunha illa que, un día, decide surcar o océano.
Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA 1. AS ORIXES DE MARCOPOLA
Escrito e Ilustrado por Jacobo Fernández Serrano e publicado pola editorial Xerais.
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!
11/11/13
6/11/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)