30/11/13

LIM SOBRE BANDA DESEÑADA

Actividades LIM sobre a Banda Deseñada para os máis pequenos. Chéganos dende O Outeiro das Penas en Cesantes (Redondela). Premede na imaxe para acceder a el.


18/11/13

CARTAS DE INVERNO. NOVELA GRÁFICA

PREME NA IMAXE
Recentemente publicouse unha versión en novela gráfica, do libro  "CARTAS DE INVERNO" do escritor galego Agustín Fernández Paz. 
Esta nova versión en banda deseñada corre a cargo de Antonio Seijas, que recolle os personaxes e ambientes creados polo autor na súa novela de terror.
«Toas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno». Agustín Fernández Paz

MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA 2. OS PIRATAS DA LÚA

PREME NA IMAXE

Segunda entrega desta saga do autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Áxil, divertida e emocionante, esta serie narra as aventuras dunha illa que, un día, decide surcar o océano.
Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.

MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA 1. AS ORIXES DE MARCOPOLA

PREME NA IMAXE
Escrito e Ilustrado por Jacobo Fernández Serrano e publicado pola editorial Xerais.
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!